Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da licitación dos traballos de mantemento de xardíns municipais en áreas específicas reservado a centros especiais de emprego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra; rúa Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: traballos de mantemento de xardíns municipais en áreas específicas reservado a centros especiais de emprego. Prazo de execución: dous (2) anos con prórroga de dous anos.

3. Procedemento e forma de adxudicación: aberto; criterios de dous tipos. Anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación total: 54.000,00 € máis o IVE 108.000 €; o orzamento total é de 65.340,00 € (orzamento por dous anos).

5. Garantías: provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax 886 21 28 43. e www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusula 7 do prego de claúsulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

Pontevedra, 4 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda