Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (57/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Héctor José Gómez Parapar contra María Romero García, Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o un de xullo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Héctor José Gómez Parapar presentou demanda de execución fronte a María Romero García, Fogasa Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto despachando execución o 11.4.16 por un total de 12.951,84 euros en concepto de principal (8.233,17 euros en concepto de indemnización, vacacións e salarios; 2.007,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET; 2.711,03 euros en concepto de xuros do artigo 1108 Cc), máis outros 1.295,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Héctor José Gómez Parapar.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as pescudas procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada María Romero García en situación de insolvencia total por importe de 12.951,84 euros en concepto de principal (8.233,17 euros en concepto de indemnización, vacacións e salarios; 2.007,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET; 2.711,03 euros en concepto de xuros do artigo 1108 Cc), máis outros 1.295,18 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a María Romero García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza