Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de xullo de 2016 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 379/2016 no expediente sancionador e restitución e reposición da legalidade COL/18/2014-RP1 e COL/51/2014-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario 379/2016, interposto por José Ángel Hermo Túñez, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 15 de abril de 2016, no recurso potestativo de reposición, expedientes COL/18/2014-RP1 e COL/51/2014-RP1, interpostos contra outra do 24 de abril de 2015, por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na cal se impón unha sanción, como redactor do proxecto e director das obras da edificación principal, no lugar de Cans, nº 30, A Aguieira-Nebra, concello de Porto do Son, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC–, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Ignacio A. Hermo Túñez para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística