Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade das resolucións polas que se modifican, por modificación substancial, e se refunden os textos de dúas autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade das seguintes resolucións:

– Resolución do 25.6.2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2007/0081_NAA/IPPC_143.

Instalación: matadoiro avícola e planta de tratamento e transformación de subprodutos cárnicos

Procedemento simplificado de modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren)

Expediente de modificación nº 2013-IPPC-M-93

Localización: concello de Ourense (Ourense)

Data: 25.6.2015

– Resolución do 23.6.2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica (por modificación substancial) e se refunde o texto da autorización ambiental integrada co número de rexistro 2006/0319_NAA/IPPC_044.

Instalación: central térmica de Meirama

Procedemento simplificado de modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U.

Expediente de modificación nº 2015-IPPC-M-26

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Data: 23.6.2016

Estas resolucións pódense consultar no seguinte enlace: http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental