Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2016 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares publicado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, de tramitación ordinaria, da subministración de electrónica de comunicacións para edificios administrativos da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (55/2016), e se abre un novo prazo de presentación de ofertas.

Como consecuencia da corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 22 de xuño de 2016 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño de 2016, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=41699

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificador ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de xullo de 2016.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 18 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia