Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 18 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-26/15 a citación para a entrega da proposta de resolución.

Mediante este anuncio, ante a imposibilidade da notificación no domicilio do interesado, procédese á notificación da citación para a entrega da proposta de resolución no procedemento disciplinario mediante a publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 59.5, 60.2 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xa que logo, polo presente anuncio, convócase a José Antonio Barros Sueiro (DNI 35282707V) para que compareza o venres, 5 de agosto de 2016, ás 10.30 h, nas dependencias desta consellería sitas na praza da Estrela, nº 9, 4º andar, da cidade de Vigo, para entregarlle a proposta de resolución do procedemento disciplinario. Se non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico de la Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria