Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 27 de xullo de 2016 Páx. 33000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (71/2014).

Procedemento ordinario 71/2014

Sobre: ordinario

Demandantes: Juan Ramón Outeiral Outeiral

Avogada: María José Liste López

Demandados: Obras y Contratas Aedes, S.L., Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 71/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Outeiral Outeiral contra Obras y Contratas Aedes, S.L., Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou decreto en data 3 de xuño de 2016 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo: ter por desistida a parte demandante da súa demanda, acordando o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza