Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana en Vilela (Merlán).

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2013, a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Chantada, no lugar de Vilela, parroquia de Merlán, sométese a información pública polo prazo de dous meses, prazo que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos. A área afectada pola suspensión é a seguinte:

Subestación eléctrica, lugar de Vilela, parroquia de Merlán.

Chantada, 1 de xullo de 2016

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde