Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0080/2016-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0080/2015-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 8 de xullo de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0080/2016-PPM.

Persoa interesada: José Luis Bermúdez Taracido.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 12, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0085/2016-TRA.

Persoa interesada: Ignacio Parga Varela.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Pedreira Ríos, 30, 2º C, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0097/2016-PPM.

Persoa interesada: María Begoña Arias Sendón.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Gudiños, 45, 1º B, Rianxo.

Expediente: PSC-CO-0098/2016-PPM.

Persoa interesada: Mª Ángeles Rial Calvo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Gudiños, 45, 1º B, Rianxo.

Expediente: PSC-CO-0103/2016-PPM.

Persoa interesada: Iago García Bermúdez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Cimadevila, 28, 1º, Boiro.

Expediente: PSC-RI-0396/2015-PPM.

Persoa interesada: Daniel Rodríguez Mejuto.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Neda, 5, 2º, Narón