Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/39-2, 8348 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: substitución de apoio LP Augas/entroncamento CTI chalé-9971-Meilán.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV Augas apoio entroncamento CTI chalé-9971 con orixe no P1 da LMT Augas existente e final no P2 da LMT Augas proxectado tipo C-2000-12, cunha lonxitude de 51 metros en condutor tipo LA-110.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV Augas derivación CTI chalé-9971 con orixe no P2 da LMT Augas proxectado tipo C-2000-12 e final no CTI chalé, cunha lonxitude de 7 metros en condutor tipo LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 1 de xullo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo