Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (385/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 385/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Ramón Buján Olveira contra Talleres J. y M. Fernández S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., sobre ordinario, se ditou providencia co seguinte contido:

Providencia do maxistrado xuíz Javier Fraga Mandián.

En Santiago de Compostela, o 29 de xuño de 2016.

Accédese á práctica da proba documental no referente aos contratos de traballo e recibos de salarios correspondentes ao ano 2013 e seguintes ata o despedimento do demandante con data do 8 de xuño de 2015 e os boletíns de cotización de igual período, co fin de acreditar os salarios debidos ao traballador demandante, conceptos e cantidades e a falta de pagamento destes; para tal fin, requíranse as demandadas para a súa achega con dez (10) días de antelación á vista.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza