Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 26 de xullo de 2016 Páx. 32675

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador do Servizo de Atención Primaria.

Convocada pola Resolución 06S/2016, do 13 de maio (DOG núm. 104, do 2 de xuño), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de coordinador do Servizo de Atención Primaria, esta xerencia de xestión integrada, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de coordinador do Servizo de Atención Primaria, anunciado pola Resolución 06S/2016 (DOG núm. 104, do 2 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Xerencia de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 27 de xuño de 2016

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Posto: coordinador do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo.

Nome e apelidos: Ana María Ares Martínez.

DNI: 34887436R.