Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares para a realización dos concertos na praza Maior nas Festas de Ourense 2016.

En cumprimento co disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Número de expediente: 2016008329 ref. 2406.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares para a realización dos concertos na praza Maior nas Festas de Ourense 2016.

c) CPV: 51313000-9, 71318100-1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 2 de maio de 2106, 6 de maio de 2016 e 9 de maio de 2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 24.793,39 euros. IVE: 5.206,61 euros. Importe total: 30.000 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de xuño de 2016.

b) Data de formalización: 23 de xuño de 2016.

c) Contratista: Fernando Martínez Rodríguez.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 18.999,98 euros. IVE: 3.989,99 euros. Importe total: 22.989,97 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta económica máis vantaxosa e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións.

Ourense, 23 de xuño de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde