Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre modificacións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería Agricultura, Gandaría e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia que se citan.

A) Constitucións:

a) A sociedade agraria de transformación Vilaberries, SAT nº 1430 XUGA, de responsabilidade limitada e duración indefinida, con domicilio social en Soutogrande, Vilariño de Conso (Ourense); obxecto social: cultivo, transformación e venda de arandos, cultivo e venda de castañas, setas e mel; capital social, 30.000 euros, representado por 30 títulos nominativos de 1.000 euros cada un deles. Número de socios: 3. Xunta reitora integrada por: Melisa Macía Domínguez, presidenta; Javier Breixo Paz Rodríguez, secretario; Francisco Javier Paz Silva, vogal.

B) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Lodos e Pérez, SAT nº 940 XUGA, na asemblea xeral do 6 de maio de 2016, acordou:

1. Renovar a xunta reitora, que pasa a estar composta por: Alfonso Lodos Pérez, presidente; Juan Carlos Lodos Pérez, secretario; Mª del Mar Coroas López, vogal.

b) A sociedade agraria de transformación O Balao, SAT nº 1027 XUGA, na asemblea xeral do 5 de maio de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: José Luis Tome Fouce, presidente; Manuel Chousa Núñez, secretario; Julio Núñez Dacal, Mª Salomé Vázquez López, Francisca Escolante Pumariño e Mª Carmen Pérez López, vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Terrablanca, SAT nº 1424 XUGA, na asemblea xeral do 12 de maio de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora, composta por: Rafael Fiestras Canabal, presidente; María Teresa Fiestras Cachafeiro, secretaria; María Blanca Canabal Villaverde, vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Os Picos, SAT nº 1004 XUGA, na asemblea xeral do 18 de maio de 2016, acordou:

1. Modificar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar integrada por: Diego Fernández Castro, presidente; Agustín Fernández Rivas, secretario; Modesta Mª Castro Picos e Ana Fernández Castro, vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Escuadro, SAT nº 859 XUGA, na asemblea xeral do 27 de maio de 2016, acordou:

1. Modificar os cargos da xunta reitora que pasa a estar integrada por: José Luis Taboada López, presidente; María José Otero Luis, secretaria; Luis Taboada Fernández, Antonio Otero Fontao, María Dolores Luis García e María del Carmen López López, vogais.

f) A sociedade agraria de transformación Os tres irmáns, SAT nº 1350 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xuño de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Manuel Couto Turnes, presidente; María del Carmen Ferreiro Domínguez, secretaria; Miguel Ángel Couto Ferreiro e Susana Couto Ferreiro, vogais.

g) A sociedade agraria de transformación A Redonda, SAT nº 1235 XUGA, na asemblea xeral do 9 de xuño de 2016, acordou:

1. Modificar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar integrada por: José Torres Meilán, presidente; Ángel Rubinos Vázquez, secretario; Salvador Gómez Abelleira, María Belén Rodríguez Fernández e Elsira Torres Meilán, vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Os Hermida, SAT nº 737 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2016, acordou:

1. Aprobar a baixa por falecemento do socio José Hermida Calviño e a transmisión dos 41 títulos da súa participación no capital social ao pretendido novo socio José Manuel Hermida López.

2. Aprobar a alta do socio José Manuel Hermida López.

3. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social de 49.283,00 euros queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

José Manuel Hermida López

41 títulos

12.320,75 €

25 % participación

José Hermida Vázquez

41 títulos

12.320,75 €

25 % participación

María Cruz Diéguez Sánchez

41 títulos

12.320,75 €

25 % participación

Adelina López Faílde

41 títulos

12.320,75 €

25 % participación

4. Modificar os cargos da xunta reitora, que pasa a estar composta por: José Manuel Hermida López, presidente; José Hermida Vázquez, secretario; María Cruz Diéguez Sánchez e Adelina López Faílde, vogais.

C) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación San Román, SAT nº 1008 XUGA, nas asembleas xerais do 9 e do 14 de xuño de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A sociedade agraria de transformación Terras do Centiño Productos do Campo, SAT nº 1420 XUGA, foi disolta por resolución da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria do 27 de marzo de 2015. Unha vez que pasou o período liquidatorio máximo dun ano, de acordo co artigo catorce.dous do Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, polo que se aproba o estatuto que regula as sociedades agrarias de transformación (BOE núm. 194, do 14 de agosto), cómpre cancelar de oficio a SAT.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias