Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Coruñesa de Etiquetas, S.L.
Domicilio social: rúa Lubre, C-15 B, 15165 Bergondo.
Título: proxecto LMT, CS e CT para nave industrial na parroquia de Guísamo.
Situación: rotonda parroquia de Guísamo, 7, 15165 Bergondo.
Características técnicas: centro de seccionamento e LMTS de 100 metros, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×95 Al), 3 celas de liña.
LMTS de enlace desde o CS ao CT de 5 m, RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×95 Al), 1 cela de liña, 1 cela de protección e 1 cela de medida. Centro de transformación de 1.000 kVA, ventilación natural, relación de transformación 15/20 kV-420 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación; artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 11 de xullo de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña