Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32268

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2016/17.

BDNS (Identif.): 312548.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2016/17.

Segundo. Obxecto

Establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2016/17.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2016/17.

Cuarto. Importe

1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:

Bolsas tipo I - cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II - cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

3. Conforme os requisitos académicos e económicos, de ser o caso, as bolsas divídense en dous grupos:

A. Bolsas de matrícula.

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.

B. Bolsas de excelencia.

Dúas bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia o/a beneficiario/a poderá descontar dos prezos da matrícula o tipo de bolsa que lle foi concedida.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia