Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32189

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 28 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2015 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

BDNS (Identif.): 312202

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que, contando co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes, rematou os estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2014/15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar en réxime de concorrencia competitiva os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o estudantado do Sistema universitario de Galicia que rematou os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2014/15, cun recoñecemento de carácter oficial e unha dotación económica.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía dos premios

O importe global previsto na orde é de 222.500,00 €.

Cada premio terá unha dotación máxima de 2.500 € e un diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria