Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 22 de xullo de 2016 Páx. 32326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación do arrendamento dun procesador e un microtomo automáticos, así como o seu mantemento integral e a subministración do funxible necesario para o seu funcionamento.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, paseo General Sir John Moore, 2, 1º andar, 15001 A Coruña, Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada a Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: paseo General Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 81 30 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Dirección de internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-16-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato mixto.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun procesador e un microtomo automáticos, así como o seu mantemento integral e a subministración do funxible necesario para o seu funcionamento para a Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Servizo de Anatomía Patolóxica da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: 4 anos desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33140000-3, 33910000-2, 33100000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

a) 942.364,80 € (novecentos corenta e dous mil trescentos sesenta e catro euros e oitenta céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 523.536,00 € (cincocentos vinte e tres mil cincocentos trinta e seis euros).

b) Importe total: 633.478,56 € (seiscentos trinta e tres mil catrocentos setenta e oito euros e cincuenta e seis céntimos).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non requirida.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no número 5.3.1.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no número 5.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.8.2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: paseo General Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o realizado no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre «B» relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre «C» relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30.6.2016.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña