Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente S-A-02-2016).

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: S-A-02-2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración do seguinte equipamento dividido nos seguintes lotes:

Lote 1: tractor con brazo rozadora.

Lote 2: dumper.

Lote 3: hidrolimpadora en bancada.

b) Lugar de entrega: Concello de Bergondo. Estrada da Coruña, núm. 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Prazo de entrega: lote 1: tractor con rozadora: tres (3) meses; lote 2: dumper: tres (3) meses; lote 3: hidrolimpadora en bancada: un (1) mes.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidad de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Lotes

Prezo sen IVE

IVE (21 %)

Prezo con IVE

Lote 1. Tractor con rozadora

80.640,00 €

16.934,40 €

97.574,40 €

Lote 2. Dumper

42.736,60 €

8.974,69 €

51.711,29 €

Lote 3. Hidrolimpadora en bancada

6.000,00 €

1.260,00 €

7.260,00 €

Totais

129.376,60 €

27.169,09 €

156.545,69 €

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo, 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP) que haberán de rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. Concello de Bergondo.

8. Solvencia económico-financeira e técnica:

8.1. Solvencia económica: mínimo: o criterio para a acreditación da solvencia económica e financeira será o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos de 194.065 euros. O volume anual de negocios do licitador acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no devandito rexistro, e en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil (artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

8.2. Solvencia técnica: mínimo: o criterio para a acreditación da solvencia técnica será o da experiencia na realización de subministracións do mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato, que se acreditará mediante a presentación da relación das subministracións efectuadas polo interesado no curso do últimos cinco anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza a que corresponde o obxecto do contrato, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos, avalados por certificados de boa execución (artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

Mínimo de solvencia técnica: requirirase que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 90.563,62 euros.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

9.1. Criterios cuxa valoración require un xuízo de valor: ata 40 puntos, coa desagregación de subcriterios indicados na cláusula 16.1.1. do PCAP:

– Calidade, acabados, valor técnico e características estéticas e funcionais do ben para fornecer: ata 20 puntos.

– Asistencia técnica, garantía e mantemento: ata 10 puntos. Dividido en 3 subcriterios.

– Melloras ofertadas nas prestacións do vehículo/máquina: ata 10 puntos.

9.2. Oferta económica: ata 45 puntos, mediante fórmula indicada na cláusula 16.1.2 PCAP.

10. Apertura das ofertas.

Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

11. Outras informacións: a obter no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

12. Gastos do adxudicatario: serán por conta do/dos adxudicatario/s os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 15 de xullo de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa