Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 21 de xullo de 2016 Páx. 31935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016046AM-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de xuño de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016046AM-LU, incoado a Fernando Novo Codesal como titular do establecemento Pensión Casa Maragata.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Fernando Novo Codesal o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de xuño de 2016

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014, do 18 de marzo)
Beatriz Roca Castro
Xefa do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2016046AM-LU.

Interesado: Fernando Novo Codesal, como titular do establecemento Pensión Casa Maragata.

NIF: 33349544G.

Último enderezo coñecido: A Torre, 54, 27813 Vilalba.

Feitos imputados: presunta infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 41.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG núm. 143, do 24 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).