Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da addenda 1/16 ao Inventario municipal de camiños.

O Pleno da corporación municipal, na sesión ordinaria de data 27 de abril de 2016, aprobou inicialmente a addenda 1/16 ao inventario de camiños do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

Aprobación inicial da addenda 1/16 ao inventario de camiños:

«Por instancia dunha veciña e vistos os informes da empresa adxudicataria dos traballos de revisión e actualización do Inventario municipal de bens inmobles e camiños públicos do Concello do Porriño, e os informes da arquitecta municipal, proponse iniciar o expediente de addenda 1/16 ao inventario municipal, que consiste na proposta seguinte:

1. Incorporación do camiño 9017 do polígono 6 na Carreira-Cans ao Inventario municipal de camiños públicos en núcleos rurais do Concello do Porriño, solicitado por María del Carmen Pérez Rodríguez, sobre o cal se emitiu informe favorable para a súa incorporación, co número no inventario de camiños -0491-».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública durante un prazo de 30 días mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos e páxina web do concello para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións e suxestións que consideren convenientes.

O Porriño, 11 de maio de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa