Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2016/189-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CII809 CT Latón I.

Situación: Moaña.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en tres tramos:

1. 6 metros; orixe: CT proxectado Latón I; final: punto de acceso proxectado (PAP) nº 2.

2. 16 metros; orixe: CT proxectado Latón I; final PAP nº 3.

3. 146 metros; orixe: PAP nº 5; final: CT proxectado Latón I.

Centro de transformación Latón I, de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Ribeira, Meira, Moaña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra