Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 20 de xullo de 2016 Páx. 31635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela no lugar de Merlán, parroquia da Torre, no concello de Vilalba, promovido por María Inmaculada Domínguez Currás (clave 2015/0051).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de xuño de 2016, do cambio de uso forestal a agrícola dunha parcela no lugar de Merlán, parroquia da Torre, no concello de Vilalba, promovido por María Inmaculada Domínguez Currás.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental