1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2016-011.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento dun sistema de información para a xestión de auditorías, mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) CPV: 72212000-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.4.2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 204.600,00 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 204.600,00 €.
b) Importe total: 247.566,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2016: 150.620,80 €.
Exercicio 2017: 81.578,20 €.
Exercicio 2018: 15.367,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 15.6.2016.
b) Data de formalización do contrato: 20.6.2016.
c) Contratista: Mundiaudit, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 203.000,00 euros. Importe total: 245.630,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2016: 149.442,92 €.
Exercicio 2017: 80.940,25 €.
Exercicio 2018: 15.246,83 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2016
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable