Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 28 de xuño de 2016 pola que se notifica o Acordo do 28 de abril de 2016 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 1, sito en Nigrán, relativo ao proxecto 01521 (expediente 2015/000415).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
(LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Francisco Barriga Fattore o Acordo do 28 de abril de 2016 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 1, sito en Nigrán, relativo ao proxecto 01521, expediente 2015/000415, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01521-LMT, CT Vilariño II. Expediente IN407A 2013/266-4. TM Nigrán.

Nº de expediente: 2015/000415.

Persoa que se vai notificar: Francisco Barriga Fattore.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Pontevedra. Oficina Vigo.

Expropiado: propiedade litixiosa.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio número: 1.

Concello: Nigrán.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 6.430,86 €.