Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1030/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1030/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat Rodríguez Pérez contra Soros Investiment Corporation Spain, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución do 21.6.2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Investiment Corporation Spain, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza