Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31387

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1368/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1368/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Inyco Coruña, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución do 21.6.2016 contra a cal non cabe ningún recurso, ao indicalo así o artigo 191.2.g) da Lei de xurisdición social. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inyco Coruña, S.L, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza