Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 30 de xuño de 2016, polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública do monte Pedroso, Val, Sixto e outros, número 103-I, situado no concello de Mazaricos.

De conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de xuño de 2016, adoptou entre outros o seguinte

ACORDO:

1. Declarar a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública do monte Pedroso, Val, Sixto e outros, número 103-I, situado no concello de Mazaricos (A Coruña), e que inclúe as superficies que se relacionan a continuación:

– 50,50 ha por clasificación do MVMC Cotro e Canle de Penedo.

– 78,18 ha por terse declaradas de propiedade privada en virtude da sentenza do 14.7.1969 da Sala Segunda do Civil da Audiencia Territorial da Coruña.

– 83,3526 ha residuais do monte Pedroso, Val, Sixto e outros por perder as causas que motivaron no seu día a súa inclusión no catálogo.

2. Dar traslado ao ministerio competente na materia da citada exclusión do catálogo.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal