Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2016/60-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Panelfa, S.L.

Domicilio social: Cotiño-Monte Faquiña-Puxeiros, 36415 Mos.

Denominación: LMTS, CS en Cerdedelo, Cotiño, Monte Faquiña.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 285 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aéreo-subterráneo para relizar nun apoio existente da LMT aérea MOS 708, unha vez entre e saia do CS proxectado Panelfa. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, con illamento en SF6, situado en Cerdedelo, Cotiño, Monte Faquiña, concello de Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra