Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0080/2016 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado, para examinar estes actos na sede desta Xefatura Territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

Pontevedra, 22 de xuño de 2016

O xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0080/2016

Enrique Cameselle Taboada

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0116/2016

Manuel Gómez García

Proposta de resolución

Instrutor

CON-PO-0180/2016

Alberto Guitián Rodríguez

Incoación

Xefe territorial