Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de incoación de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, devolta polo servizo de Correos (expediente OU-2014/00038).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentar a notificación ao interesado sen que se puidese practicar, notifícase a persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de incoación de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, así como de emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que, de ser o caso, poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince (15) días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 20 de xuño de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

NIE/equivalente

OU-2014/00038

Robinson Alves Oliveira

X8231018P