Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31463

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación dos servizos de xestión de proxectos e desenvolvemento para a evolución das aplicacións centralizadas de LOGAS, CADMO, ACP, FACPR, OPEGE e ELECS (expediente AB-SER1-16-026).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 8 de agosto de 2016.

d) Número de expediente: AB-SER1-16-026.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión de proxectos e desenvolvemento para a evolución das aplicacións centralizadas de LOGAS, CADMO, ACP, FACPR, OPEGE e ELECS .

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72200000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución dos sistemas

0 - 25

Organización e plan de execución

0 -15

Metodoloxía de traballo

0 -10

criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0 - 40

Parámetros de servizo

0 -10

4. Valor estimado do contrato: 3.759.360 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.879.680 euros. Importe total: 2.274.412,80 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría D ou 4.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 8 de agosto de 2016.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de xuño de 2016.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos