Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 19 de xullo de 2016 Páx. 31369

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG número 114, do 18 de xuño), modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG número 220, do 18 de novembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG número 72, do 15 de abril), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 27 de xullo de 2016, e que o lugar de realización será na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela), no salón de actos e na aula 1, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

En relación cos textos legais dos cales se poderán servir os aspirantes para o desenvolvemento do exercicio, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016

Laura María González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal