Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 18 de xullo de 2016 Páx. 31293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de xullo, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2010/0185-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Vigo, recaída no procedemento abreviado número 372/2015, polo accidente laboral do traballador Alberto Martínez Fervenza.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación.

– Sentenza do xulgado.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2010/0185-4.

Acta núm. I362010000047231.

Empresa: Montaje Sampedro y Rosales, S.L.L.

NIF/DNI: B-36 464 964.

Enderezo: Couso, 46 Meira; Moaña.

Vigo, 5 de xullo de 2016

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica