Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 15 de xullo de 2016 Páx. 30924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de xuño de 2016, da Área Provincial de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a comunicación da baixa das vivendas do programa Aluga, de acordo co disposto no Decreto 18/2014, do 13 de febreiro. Plan estatal de vivenda 2013-2016 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles ás persoas interesadas, cuxos datos se mencionan no anexo, a comunicación da baixa das vivendas do programa Aluga, de acordo co disposto no último parágrafo do punto 2 da disposición derrogatoria única do Decreto 18/2014, que derroga o Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o programa Aluga, que «Ademais de polos motivos de baixa previstos no artigo 19 do Decreto 84/2010, as vivendas que queden desocupadas por resolución do contrato de arrendamiento causarán baixa automática no programa Aluga».

Para coñecer o contido íntegro da notificación que se sinala no anexo desta cédula, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, número 1, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 22 de xuño de 2016

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Trámite que se vai notificar: comunicación da baixa das vivendas do programa Aluga.

Datos da persoa interesada

Datos da vivenda

Francisco Rivas González

Estrada Santa Mariña, nº 5, Allariz 32660

Código da vivenda: OU-VIVAL-0696/10

R/ Emilia Pardo Bazán, núm. 53, 2º esq., Allariz 32660

Nº expediente PVA: V-OU-000129

María del Carmen Rodríguez Pousa

Praza Santo Cristo, 9-3º dereita, Ourense 32005

Código da vivenda: OU-VIVAL-0993/10

R/ Vasco Díaz Tanco, 22-3º esq., Ourense 32005

Nº expediente PVA: V-OU-002065

Manuel Blanco Díaz

Calatraba, 35-6º esquerda, Madrid 28005

Código da vivenda: OU-VIVAL-0488/10

R/ Julio Prieto Nespereira, 25-2º, Ourense 32005

Nº expediente PVA: V-OU-001837

Antonio López Freitas

R/ Espiño, 12, Oímbra 32613

Código da vivenda: OU-VIVAL-0287/10

Avda. de Portugal, 38-2º A, Verín 32600

Nº expediente PVA: V-OU-001774