Mediante Orde do 21 de marzo de 2016 (DOG nº 71, do 14 de abril) a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou unha liña de subvencións para o ano 2016, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, de equipamento de emerxencias, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 6, números 2 e 3, da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar con cargo á aplicación 05.25.212A.624.0, código de proxecto 2016 00026, programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixo 5, tema prioritario 5.2. «Fomento do investimento para facer fronte aos riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes co desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes» os equipamentos de emerxencia relacionados no anexo.
Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír material non adxudicado, por posibles renuncias ou por nova adquisición, cara á posible renuncia dalgún beneficiario ou á adquisición de máis material, que será elevada posteriormente ao órgano competente para resolver. Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación. En todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 8.2.d) da Orde do 21 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2016 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.
Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, a acta de cesión do equipamento concedido realizarase no prazo estimado de tres meses contados desde a data de recepción daquela. Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número 2016-SUEI 01-02-03-04-EM (núm. de referencia contable 2015-05-1858), procedemento aberto e tramitación ordinaria, por importe de 833.723,88 euros (IVA incluído), publicado no DOUE do 2.1.2016.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016
O vicepresidente e conselleiro da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (Disposición derradeira cuarta da Orde do 21.3.2016)
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
NIF |
Concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos |
Equipamento de emerxencias |
P1500400E |
Ares |
Remolque de salvamento |
P1500500B |
Arteixo |
Embarcación |
P1500800F |
Bergondo |
Remolque de salvamento |
P1500900D |
Betanzos |
Remolque de emerxencias |
P1501100J |
Boiro |
Embarcación |
P1501900C |
Carballo |
Embarcación |
P1503600G |
Fene |
Remolque de emerxencias |
P1503800C |
Fisterra |
Todo terreo Pickup |
P1504400A |
Malpica de Bergantiños |
Remolque de salvamento |
P1505200D |
Mugardos |
Remolque de emerxencias |
P1505400J |
Muros |
Todo terreo Pickup |
P1505300B |
Muxía |
Remolque de salvamento |
P1505500G |
Narón |
Remolque de emerxencias |
P1505600E |
Neda |
Remolque de emerxencias |
P1506000G |
Ordes «agrupación de concellos» |
Remolque de emerxencias |
P1507000F |
Pontedeume |
Remolque de salvamento |
P1507100D |
Pontes de García Rodríguez, As |
Remolque de salvamento |
P1507400H |
Ribeira |
Remolque de emerxencias |
P1507800I |
Santa Comba |
Remolque de emerxencias |
P1508800H |
Valdoviño |
Todo terreo Pickup |
P2706800F |
Burela |
Remolque de salvamento |
P2703100D |
Monforte de Lemos |
Todo terreo Pickup |
P3200500A |
Avión |
Remolque de salvamento |
P3200800E |
Baños de Molgas |
Remolque de emerxencias |
P3200900C |
Barbadás |
Remolque de emerxencias |
P3201300E |
Blancos, Os «agrupación de concellos» |
Todo terreo Pickup |
P3202400B |
Castro Caldelas |
Todo terreo Pickup |
P3202700E |
Coles |
Remolque de emerxencias |
P3202900A |
Cualedro «agrupación de concellos» |
Todo terreo Pickup |
P3203500H |
Gudiña, A |
Remolque de emerxencias |
P3204000H |
Laza «agrupación de concellos» |
Remolque de salvamento |
P3204300B |
Lobios |
Remolque de salvamento |
P3204500G |
Manzaneda |
Remolque de emerxencias |
P3205200C |
Muíños |
Remolque de salvamento |
P3205300A |
Nogueira de Ramuín |
Todo terreo Pickup |
P3206400H |
Pobra de Trives, A |
Remolque de emerxencias |
P3208400F |
Veiga, A |
Remolque de emerxencias |
P3600800A |
Cangas |
Remolque de salvamento |
P3602300J |
Guarda, A |
Remolque de salvamento |
P3604500C |
Redondela |
Remolque de salvamento |
P8605705F |
O Val Miñor, mancomunidade |
Remolque de salvamento |
P3605600J |
Valga |
Remolque de salvamento |
P3606000B |
Vilagarcía de Arousa |
Remolque de emerxencias |