Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2016 á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2016 do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec), coas seguintes características:

– Actividade: creación do Observatorio Galego da Biomasa para a promoción do desenvolvemento e modernización do sector da biomasa con fins enerxéticos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental e técnico da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de outubro de 2016.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia