Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2016 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, da subministración de equipamentos de coitelas quitaneve para vehículos todo terreo con destino aos servizos de emerxencia, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 72 57.

5º. Fax: 981 54 60 28.

6º. Correo electrónico: mh.barrio.blanco@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=48207

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e da páxina web: http://www.axega112.gal

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o 29 de xullo de 2016, ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AXGE.16.SU.089.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: a subministración de 6 equipamentos de coitelas quitaneve para todo terreo destinadas aos servizos de emerxencias municipais e supramunicipais, mobilizados e coordinados polo Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia (CAE 112 Galicia).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: máximo de 15 días desde a formalización do contrato.

e) Nomenclatura: CPV 43313000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas. A pluralidade dos criterios de avaliación enumérase e detállase coas puntuacións e ponderación no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 37.165,28 €, IVE excluído

5. Orzamento base de licitación: 44.970,00 €, IVE incluído.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

c) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións ou portada do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación das ofertas: ata as 14.00 horas do 29 de xullo de 2016.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, achegarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Emerxencias.

2º. Enderezo: rúa Roma, 25-27, 1º andar, polígono das Fontiñas.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no punto 1.c) deste anuncio.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de las ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e avaliación separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B, cos elementos da oferta que admiten unha avaliación mediante a aplicación de fórmulas, realizaranse conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Entidade e lugar: Axencia Galega de Emerxencias. Sala de xuntas.

c) Enderezo: rúa Roma, 25-27, 3º andar, polígono das Fontiñas.

d) Localidade: Santiago de Compostela.

e) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar en acto público. A data e a hora da súa realización comunicarase coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Admítense melloras conforme o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación mediante telegrama ou fax, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, xunto coa tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e avaliación da oferta do sobre B: a apertura do sobre B realizarase en acto público e comunicarase a data e a hora coa antelación debida mediante a súa publicación no perfil do contratante e e mediante o envío de fax a cada un dos licitadores.

No caso de que o acto público de apertura das ofertas se modifique, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados da apertura do sobre B, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias