Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de adxudicación do contrato de subministración de equipamento para o edificio destinado a ximnasio na zona deportiva de Ponte Noalla.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno local na sesión do 16 de xuño de 2016, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de subministración de equipamento para o edificio destinado a ximnasio na zona deportiva de Ponte Noalla, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xunta de Goberno local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral.

2º. Domicilio: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4º. Teléfono: 988 38 10 34.

5º. Telefax: 988 38 11 01.

6º. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 34/2016,

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: aberto, oferta económica máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

b) Descrición: subministración de equipamento para o edificio destinado a ximnasio na zona deportiva de Ponte Noalla.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Ponte Noalla.

1º. Domicilio: zona deportiva de Ponte Noalla.

2º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32901.

e) Prazo de execución/entrega: 30 días desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non procede.

h) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 3700000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta económica máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: os criterios establecidos na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 105.040,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 105.040,00 euros. Importe total: 127.098,40 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo os criterios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Ourense.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Concello de San Cibrao das Viñas.

2º. Enderezo: praza da Constitución, 1.

3º. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4º. Enderezo electrónico: info@sancibrao.es

c) Admisión de variantes: non procede.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: anunciarase no perfil de contratante do órgano de contratación coa suficiente antelación.

b) Enderezo: praza da Constitución, 1.

c) Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

10. Gastos de publicidade: si.

San Cibrao das Viñas, 5 de xullo de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde