Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da prestación dos servizos de recollida e transporte en camión con guindastre (expediente 23/16).

Por acordo da Xunta de Goberno Local con data do 16.6.2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 23/16).

2. Obxecto do contrato: servizos de recollida e transporte camión con guindastre.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 150.000 € (IVE incluído); polo prazo dun ano.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 23 de xuño de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa