Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 13 de xullo de 2016 Páx. 30120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2016/85-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Imaxe Urbá Cangas, S.L.

Domicilio social: rúa Ferrol, nº 7-entreplanta B, 36940 Cangas.

Denominación: LMTS, CT Vilanova.

Situación: Cangas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 196 metros de lonxitude, con orixe no apoio 16-27-4 da LMT CAG802 Erbello, derivación ao CT Viso, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Vilanova, Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de maio de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra