Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (703/2015)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 703/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Miras Otero contra Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza número 29/2016, de data 14 de marzo de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que estimando integramente as demandas de despedimento e resolución contractual, e a acción de reclamación de cantidade interpostas por Cristina Miras Otero, contra Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral entre a demandante e a mercantil demandada por incumprimento contractual grave imputable á mercantil demandada.

2. Debo declarar e declaro a nulidade do despedimento da demandante efectuado pola demandada Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L. o día 14 de agosto de 2015.

3. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 1.429,50 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral a data da presente resolución.

4. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante os salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a notificación da presente resolución a razón de 37,13 euros diarios, e a que lle aboe a suma de 6.588,14 euros en concepto de salarios percibidos ata a data do despedimento, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

5. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíqueslles ás partes, ao Fogasa e ao Ministerio Fiscal a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de Xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza