Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29898

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4630/2008-E).

Procedemento ordinario 4630/2008-E

Recorrente: Asociación de Veciños de Coruxo

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Letrada: Eva Comesaña Bastero

Administración demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

Letrado: Xunta de Galicia.

Codemandados: Concello de Vigo, Administración xeral do Estado

Letrado Concello de Vigo, procurador Sr. Lage Fernández-Cervera; avogado do Estado

No procedemento ordinario arriba indicado acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo con data 12 de novembro de 2015, así como a parte dispositiva do auto aclaratorio desta, do 7 de xaneiro de 2016.

Sentenza:

«Resolvemos:

1º. Que debemos declarar e declaramos procedente o recurso de casación 1824/2014, interposto pola Asociación de Veciños de Coruxo, contra a sentenza do 20 de febreiro de 2014, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Segunda) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso contencioso-administrativo 4630/2008, sentenza que casamos e anulamos.

2º. Que estimando o recurso contencioso-administrativo 4630/2008, interposto pola Asociación de Veciños de Coruxo, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, do 18 de maio de 2008, pola que se aproba, definitiva e parcialmente, o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo, así como a posterior Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 13 de xullo de 2009, que aprobou definitivamente o documento de cumprimento da citada orde en canto ás cuestións que na primeira quedaron en suspenso, nulidade que comprende tamén a do propio Plan xeral de ordenación urbana de Vigo aprobado nelas.

3º. Non formulamos declaración expresa sobre condena ao pagamento das custas procesuais causadas na instancia, nin tampouco neste recurso de casación.

Así, por esta nosa sentenza, que deberá inserir o Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Auto:

«A Sala acorda:

Rectificar, exclusivamente, o erro material a que se fai referencia no fundamento xurídico terceiro anterior.

«Tampouco procede acceder á solicitude de rectificación de erros materiais, nos termos formulados pola recorrente. Dado que se anularon –polas razóns que se expresan no fundamento segundo da sentenza– ambas as ordes e o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo, só procede acceder, porén, a rectificar a data da primeira das ordes impugnadas, que é do 16 de maio de 2008, e non do 18, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, pola que se aprobou, definitiva e parcialmente, o Plan xeral de ordenación urbana de Vigo, de conformidade cos artigos, xa citados, 214 da LAC e 267.3 da LOPX.

Por todo isto, a Sala acorda:

Rectificar, exclusivamente, o erro material a que se fai referencia no fundamento xurídico anterior.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

A Coruña, 20 de xuño de 2016

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza