O Decreto 78/2016, do 7 de xullo, dispón que cese, por petición propia, o director xeral da Axencia Galega de Innovación (Gain).
En canto non se proceda ao nomeamento do novo titular da dirección da Gain, cómpre adoptar as medidas oportunas para asegurar o correcto funcionamento deste ente instrumental e a resolución dos asuntos que se lle encomenden.
Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único
O desenvolvemento das accións e o exercicio das competencias da dirección da Axencia Galega de Innovación quédanlle encomendadas temporalmente e ata que se produza o nomeamento do seu titular ao secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Disposición derradeira única
Esta orde terá efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria