Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 15 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución de renuncia da súa solicitude presentada ao abeiro da Resolución do 7 de xaneiro de 2015 pola que se convocan as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas e rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución sobre renuncia da súa solicitude de subvención do Programa de axuda ao alugamento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas e rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

A eficacia deste acto queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 15 de xuño de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Apelidos e nome

Número de expediente

Alcaine Sánchez María de los Ángeles

201536ALUG01242N