Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29863

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para realizaren as asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2015/16 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas no Diario Oficial de Galicia, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras que rexerán as axudas para realizaren as asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o curso escolar 2015/16.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do Programa operativo de Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 8 «promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral»; prioridade de investimento 8.4 «a igualdade entre homes e mulleres en todas as áreas, incluído o acceso ao emprego e á carreira profesional e a conciliación da vida laboral e a privada así como a promoción do salario igualitario pola realización do mesmo traballo»; obxectivo específico 8.4.2 «(Re) integrar no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral».

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas a realizaren as asociacións de nais e pais do alumnado programas de actividades complementarias e extraescolares.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é 52.432,25 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0, código de proxecto 2016 00018 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: vexase anexo.

Pontevedra, 21 de xuño de 2016

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Subvencións concedidas

Crédito asignado: 46.432,25 euros

CIF

Entidade

Importe concedido

G36128973

ANPA terazan do CEIP Nazaret

6.000,00

G36018364

ANPA San Xosé CEIP Campolongo

4.538,60

G36152262

A.C.E.E. Stmo. Cristo del Amor (ACEESCA)

6.000,00

G36059152

ANPA San Pedro CEIP Parada

897,60

G36102382

ANPA A Rúa

4.569,40

G36181337

ANPA Agro de Abaixo CEIP Xesús Golmar

6.000,00

G36629301

ANPA Bellavista Colegio Apóstol Santiago

3.520,00

G36729770

ANPA O Pombal

4.890,60

G36042547

ANPA CEIP Portonovo

3.390,20

G36056448

ANPA O Cruceiro de Vilalonga

3.218,60

G36648236

ANPA A Dobrada

3.407,25