Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29880

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xuño de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio rural agrupado de Boqueixón-Vedra.

De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Boqueixón.

Código: 15032571.

Denominación actual: Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra.

Nova denominación: Colexio Rural Agrupado de Boqueixón-Vedra Neira Vilas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria