Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 178/2014, interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.

A Dirección xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 178/2014, interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, contra a Resolución do 4 de abril de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de abril de 2014, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (DOG núm. 69, do 9 de abril).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública