Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 12 de xullo de 2016 Páx. 29887

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2016, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 25 de xaneiro).

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos, á vista da proposta do 23 de maio de 2016, da comisión encargada de valorar os méritos achegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base VIII.4 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados. Esta información atópase á disposición das persoas interesadas no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe Función Pública.

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública