Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 11 de xullo de 2016 Páx. 29718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 20 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación de resolución do expediente 2015/146-36 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a continuación se indica a resolución dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por enderezo descoñecido.

A persoa interesada poderá interpor recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de expediente: 2015/146-36 e 2015/147-36.

Interesada: Mª de los Ángeles Vázquez Fernández.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 16 de xuño de 2016.

Vigo, 20 de xuño de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo